Acceso

Calendario

Boletín de Novas

¿Aínda non recibes o Boletín de Novas de Ateibo? ¡Suscríbete! ¿Acepta HTML?

Mañás de Semana Santa en la Tele

Nuestras actividades en V Televisión. Os dejo la URL para que lo veais (en el minuto 22:47)

También tenemos la noticia en prensa

http://elprogreso.galiciae.com/nova/161792.html

   

MAÑÁS DE SEMANA SANTA EN ATEIBO

Esta oferta xorde coa idea de facilitar que se poida conciliar a vida familiar e laboral nos tempos de vacacións dos/as nenos/as.

Mañás de Semana Santa é un proxecto que pretende educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos/as vosos/as fillos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.

Algunhas das actividades que faremos serán: animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, deportes, novas tecnoloxías, ludoteca, xogos organizados, saídas, biblioteca, cine...

O horario será de 10.00 a 13.30 h

Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos/as os/as nenos e nenas desde 1º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos.

O prazo de inscrición: Recolleranse inscricións ata cubrir as prazas, tendo preferencia aqueles que se inscriban para tódolos días.

Prazas dispoñibles: 50 prazas.

Servizo de gardería: haberá servizo de gardería de 9:00-10:00 h  e de 13:30-14:00 h (se houbese un número mínimo). O prezo total é de 1.50 euro ao día.

Cotas:

Tódolos días  (4 días) custa 24€

E a gardería 1,50€ ao día

Documentación que hai que entregar:

- Entregar dúas fotos carné co nome por detrás para a realización dunha ficha.

- Fotocopia da tarxeta da seguridade social, se NON participas nos grupos de Ateibo(Pequech@s, Andaina e ADS.)

PARA MÁIS INFORMACIÓN, PÁSATE POR ATEIBO OU CHÁMANOS: 982 21 49 57

   

XUNTANZA Andaina en Vigo

 

 

O fin de semana pasado os Andainas de Galicia reunímonos en Vigo para celebrar o III Andaina Film Festival.

Dende Ateibo fomos unha pequena representación dos rapaces de 6º, e xunto cos Pequechos ala nos montamos no autobús para participar na gala.

Pola mañá, cada un de nos estivo nun obradoiro, como o de mimo, o de atrezzo…

Antes de comer fixemos un lipdub, co noso Himno Andaina, e pola tarde participamos na Gala.

O vídeo de Ateibo foi galardoado co premio á MELLOR ACTUACIÓN.

Un día moi completo, que esperamos repetir dentro dun ano!

 

   

Happy St. Patrick's Day!

   

Entroido en Ateibo

¡Tarde de Entroido en Ateibo, con desfile, concurso e picoteo típico!



   

Xuntanza de Catecumenado en Lugo, Ateibo


Este Sábado, 21 de Xaneiro,o noso Centro Xuvenil acolleu a xuntanza dos grupos xuvenís de tempo libre de todas as asociacións xuvenís da  Federación de centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

En total fomos uns cen rapaces (de entre 15 e 19 anos) que viñeron de A Coruña, Ourense, Vigo, Cambados e Lugo.

A xuntanza comezou sobre as 11’00 no centro Xuvenil de Ateibo, onde se fixo a presentación e o saúdo. Para despois repartirnos por grupos para desfrutar dun roteiro de experiencias pola cidade no que tivemos tempo para coñecer, dialogar e reflexionar. Este ano centrámonos en "Buscar as pegadas de Abbà" pola nosa bonita cidade de Lugo.

Ás 14’30 tivemos tempo para xantar e tivemos tempo libre ata as catro da tarde.

Despois tivemos unha celebración na que recollimos o que vivimos ao longo da mañá. Para poñer un punto e final, os grupos reuníronse por lugares de procedencia para asentar as vivencias e amoldalas á súa realidade diaria.

Antes de irnos, ás 18’00 fixemonos todos unha foto lembraza na Praza da Milagrosa.


Un día cheo de amigos, reencontros, reflexións, algo de frío. Pero un día para repetir!



   

Bo Nadal desde Ateibo!


   
eurogrand online casino | auto insurance | cheap auto insurance