Como todos os anos temos por estas datas a xuntanza dos grupos de catecumenado de Galicia, será o sábado 21 de xaneiro en Santiago de Compostela.
Xa pasaron varios meses desde o Campamento de verán e a Xuntanza é unha boa oportunidade para o reencontro coas compañeiras e compañeiros doutros centros de Galicia e para facer unha valoración do que levamos camiñado como grupo. Para os que se inician nos grupos é tamén unha oportunidade para coñecer á xente dos demais grupos de Galicia.
Estas liñas teñen un dobre obxectivo: informar e facer a inscrición para participar.
Datos a ter en conta sobre a Xuntanza:

  • Día: 21 de xaneiro de 2023, sábado.
  • Lugar: Santiago de Compostela.
  • Horario: Saída ás 9:00 h (xuntámonos un pouco antes na Praza da Milagrosa) e o remate ás 18:30 h (chegada ao redor das 20:00 h).
  • Prezo: 15 €.
  • Hai que levar: A comida do día, roupa e calzados axeitados para camiñar e para protexerse en caso de choiva.

Inscripción xuntanza catecumenado (3 descargas)