Sala Moza

Por admin
Nov 27th, 2013
O Comentarios
1855 Views

A Sala Moza pretende ser un espazo de encontro, unha sala de portas abertas onde todos/as poden estar e participar e, a través das actividades de animación, fomenta o asociacionismo e a participación xuvenil ofrecendo a posibilidade de se integrar noutros grupos e actividades de Ateibo.

Pretendemos acoller, ofrecer participación e acompañamento nas distintas actividades que se realizan como son: xogos de mesa, ping-pong, futbolín, espazo con sofás para estar cómodos/as, distintos medios audiovisuais, xogos de videoconsolas, audicións musicais, revisteiro de actualidade, taboleiro de novas, unha pequena biblioteca, exposicións de duración e temática variable, actividades de tempo libre nos grupos de Ateibo e outras actividades puntuais de carácter integrador.

Durante o curso ofreceranse diversas actividades e obradoiros programados.

A actividade está destinada a rapaces e rapazas de 12 anos en diante (a partires de 1º da ESO).

Atentos ás informacións que irán saíndo!