PLAN DE ACTUACIÓN NAS ACTIVIDADES DE VERÁN DO CENTRO XUVENIL ATEIBO CON MOTIVO DA COVID-19

Por Ateibo
En Campamento Urbano
Jun 30th, 2020
O Comentarios
132 Views

Estamos a vivir unha situación nova, na que non queremos deixar de apoiar a nenos e nenas, adolescentes e mocidade nesta crise. Despois de meses de encerro nos que faltaron estímulos, relacións, estrutura… crémonos na obriga de, NESTE VERÁN MÁIS CA NUNCA, ofertar actividades de tempo libre educativo para:

 

  • retomar as relacións e os procesos persoais e colectivos da infancia e da xuventude;
  • non estigmatizar a poboación máis vulnerable;
  • avaliar os impactos desta crise na infancia e tentar paliar os danos sufridos, de calquera tipo;
  • educar para a saúde a través do xogo, formándonos na adquisición de hábitos de hixiene;
  • cumprir co dereito fundamental ao lecer contemplado na Convención dos dereitos do neno e da nena.

 

Por todo isto, estamos a acentuar as medidas de protección da saúde e hixiene dos participantes nas actividades de verán, respectando e cumprindo, no dia a día, as condicións e obrigacións hixiénico-sanitarias vixentes: primamos a asunción de novas rutinas de seguridade (suficientes, realistas, axustadas) e estamos a crear protocolos de actuación axeitados ás circunstancias.

Podedes descargalo no seguinte enlace:

Plan-de-actuación-nas-actividades-veran-Ateibo-1.pdf (22 descargas)

 

Vémonos, NESTE VERÁN MÁIS CA NUNCA!

#nesteveránmáiscanunca