MAÑÁS DE VERÁN

Por Ateibo
En Ateibo
Jun 21st, 2021
O Comentarios
53 Views

Mañás de Verán pretende facilitar que se poida conciliar a vida familiar e laboral nos tempos de vacacións dos/as nenos/as.

Mañás de Verán é un proxecto co obxectivo de educar en valores a través do xogo, ofertar actividades alternativas á televisión ou consolas,  favorecer a creatividade dos/as nenos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.

Algunhas das actividades que podemos realizar son: animación á lectura, obradoiros, xogos de auga, psicomotricidade, deportes, novas tecnoloxías, ludoteca, xogos organizados, saídas, biblioteca, cine… según climatoloxía e disponibilidade de instalacións.

Ofertamos varias semanas, podendo asistir unha, varias ou días soltos sempre  que se avise con antelación.

Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos/as os/as nenos e nenas desde 1º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria incluídos.

As datas:

1ª Semana: do 23 ao 25 de xuño (30€ posto que son 3 días)

2ª Semana: do 28 de xuño ao 2 de xullo

3ª Semana: do 30 de agosto ao 3 de setembro

4ª Semana: do 6 ao 8 de setembro (30 € posto que son 3 días)

O horario será de 10.00 a 14.00 h. Horario de entrada de 9:00 a 10:00 h.

Servizo de comedor (menú servido por un “catering” da cidade) e servizo fiambreira (cadaquén trae a súa comida): de 14:00 a 15:00h.

Inscrición: Ata cubrir prazas. Prazas limitadas.

Cota:

(Desconto familiar: 5 € por irmán e semana no total)

Unha semana            50 €

Dúas semanas         80 €

Tres semanas           110 €

Catro semanas         130 €

Días soltos                 12 €/día

Servizo Comedor:

Semana completa    35 € (7€/día)

Días soltos                 9 €/día

Servizo Fiambreira:

Semana completa    12 €

Días soltos                 3 €/día

Pago unha vez confirmada a praza por transferencia bancaria na conta ES64 0075 8963 8406 0010 5619 (Concepto: MdV + NOME DO PARTICIPANTE) ou en efectivo ao comenzar a actividade.

Para adaptarnos á situación actual orixinada pola Covid19 rexerémonos polos protocolos sanitarios pertinentes, fomentando a hixiene e a segurida-de nas actividades.Cada participante traerá a súa botella de auga, merenda e gorra.

Podedes pedir a folla de inscrición no Centro Xuvenil ou na portería do cole. Documentación que hai que entregar:

  • Folla de inscrición.
  • Declaración responsable asinada (proporcionarase coa confirmación de praza).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante.
  • Fotocopia do DNI da persoa que asina as autorizacións.

Contacta connosco no noso e-mail: cxateibo@gmail.com

Ou no teléfono: 633 674 528