Mañás de Semana Santa

Por Ateibo
En Ateibo
Mar 22nd, 2021
O Comentarios
143 Views

Mañás de Semana Santa é unha actividade para facilitar que se poida conciliar a vida familiar e laboral nos tempos de vacacións dos/as nenos/as. Os obxectivos son educar en valores a través do xogo, ofertar actividades alternativas á televisión ou consolas, favorecer a creatividade dos/as nenos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.

Algunhas das actividades que faremos serán: animación á lectura, obradoiros, psicomotricidade, deportes, novas tecnoloxías, ludoteca, xogos organizados, saídas, cine…

Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos/as os/as nenos/as desde 4º de E. Infantil (3 anos) ata 6º de E. Primaria incluídos/as.

Datas: 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril de 2021

O horario de actividade será de 10.00 a 13.30 h .Entrada: de 9:00—10:00 h. Saída: de 13:30—14:00 h.

Inscrición: Ata o 26 de marzo ou ata cubrir prazas. Prazas limitadas.

Cota:

Os 4 días _________ 40 €

Días soltos _______ 12 €/día

(Desconto familiar: 3 € por irmán no total da cota)

Pago unha vez confirmada a praza por transferencia bancaria na conta ES64 0075 8963 8406 0010 5619 (Concepto: MdSS + NOME DO PARTICIPANTE) ou en efectivo ao comenzar a actividade.

Non queremos que este sexa motivo para que ningún neno quede sen actividade. Ante calqueira dificultade falade connosco e veremos o xeito de solucionalo.

Para adaptarnos á situación actual orixinada pola Covid19 rexerémonos polos protocolos sanitarios pertinentes, fomentando a hixiene e a segurida-de nas actividades.Cada participante traerá a súa botella de auga, merenda e gorra.

Podedes pedir a folla de inscrición no Centro Xuvenil ou na portería do cole. Documentación que hai que entregar:

  • Folla de inscrición.
  • Declaración responsable asinada (proporcionarase coa confirmación de praza).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a participante.
  • Fotocopia do DNI da persoa que asina as autorizacións.

Contacta connosco no noso e-mail: cxateibo@gmail.com

Ou no teléfono: 633 674 528