Subvencionada por:
Últimas novas
Acceso
Calendario
Boletín de Novas
Quen somos?
é unha asociación xuvenil, constituída en 1979, que leva traballando en Lugo desde 1990 no eido do tempo libre con nenos e nenas, adolescentes, e mozos e mozas cun mesmo proxecto no marco da Proposta Educativa dos Centros Xuvenís Salesianos.
É unha entidade formada por voluntarios/as e dedicada á educación no tempo libre e á animación sociocultural, facendo que todas as actividades que realiza sexan lugar de encontro, diversión, xogo, amizade... e cunha opción pola educación da persoa nos valores humanos e cristiáns.
Contamos cunha serie de locais polivalentes: sala de acollida, ludoteca e tebeoteca, biblioteca infantil e xuvenil, sala de exposicións, ciber, sala de xogos, patios e canchas polideportivas, etc. Os nosos locais están abertos de luns a venres á tardiña e o sábado todo o día.
Estamos integrados na Federación de Centros Xuvenís “Don Bosco” de Galicia e traballamos en rede con outras entidades xuvenís locais.
O EQUIPO DE ANIMACIÓN
Somos mozos e mozas de 16 anos en adiante que realizamos un voluntariado social no eido do tempo libre. Para iso, traballamos en equipos de animación de diverso ritmo: semanal, mensual e puntual.
Ademais dos momentos de animación cos rapaces e rapazas temos:
- Momentos de encontro entre nós, como son os venres de animadores, saídas, festas, día de convivencia...
- Momentos de formación onde participamos en cursos monográficos de fin de semana de temática diversa, cursos oficiais de monitores e directores de tempo libre...
- Momentos organizativos, como son as asembleas trimestrais e de programación ó inicio do curso;
- Momentos intercentros festivos, organización e formación con outros animadores de Galicia a través da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco;
- E momentos de vivencia cristiá para os que nos sentimos animadores en clave cristiá.



