• ads

I Concurso de debuxo María Auxiliadora

Por admin
En Ateibo
Abr 2nd, 2019
O Comentarios
58 Views

I CONCURSO DE DEBUXO MARÍA AUXILIADORA. 

I Concurso de debuxo María Auxiliadora.

O prazo de entrega remata o 15 de maio de 2019 e as bases son as seguintes:

1. Participantes: Poderán participar todas as persoas da provincia de Lugo que o desexen.

2. Cada participante poderá entregar unha única obra. Se deberá presentar un debuxo orixinal e inédito en tamaño A4 coa temática “María Auxiliadora”. Poderanse utilizar todo tipo de materiáis e de técnicas para realizar a obra: rotuladores, lápices de cores, purpurina, recortes de cartolina, acuarela, “collage”, etc.

3. Categorías: Establécense cinco categorías (e cada participante será inscrito nunha delas segundo a súa idade o 15 de maio de 2019):

a) nenos e nenas ata 5 anos.

b) nenos e nenas de 6 a 9 anos.

c) nenos e nenas de 10 a 12 anos.

d) mozos e mozas de 13 a 16 anos.

e) maiores de 16 anos.

4. Os premios consistirán en libros e/ou material de papelería e manualidades por un valor de 30 € por categoría. Os premios serán únicos e indivisíbeis. A xuízo do xurado e segundo a calidade das obras, poderase declarar deserto algún premio.

5. O xurado estará composto polos membros da Xunta Directiva da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo e ata 5 persoas máis designadas pola mesma. A decisión do xurado será inapelábel.

6. Os debuxos presentaranse sen identificación. Acompañando a obra e nun sobre pechado, enviaranse os datos completos do autor ou autora (nome, apelidos, idade, enderezo, teléfono e unha fotocopia do DNI de telo). No exterior do sobre que conteña o debuxo e mailo sobre cos datos deberá estar escrita únicamenta a idade do autor ou autora como identificación.

7. Todos os debuxos deben ser entregados na sede a Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo (na praza da Milagrosa, nº 10; CP: 27003, Lugo; tfno.: 633 674 528), en man ou por correo (mellor certificado) antes do 15 de maio de 2019, facendo constar no exterior do sobre “I Concurso de debuxo María Auxiliadora”. O 24 de maio de 2019, na festa de María Auxiliadora, daranse a coñecer os gañadores e gañadoras e realizarase a entrega de premios.

8. Os debuxos enviados ao concurso pasarán a ser propiedade da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo, renunciando os seus autores e autoras aos seus dereitos como tales.

9. Despois da elección dos debuxos gañadores, serán expostos nas instalacións da Asociación.

10. A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases.

Bases-Mauxi-1.pdf (5 descargas)