Dende decembro de 2017 ata comezos de febreiro de 2018 a Escola de Tempo Libre Don Bosco en colaboración co Centro Xuvenil Ateibo realizará un Curso de Monitor/a de Tempo Libre en Lugo.

cabeceracmtlinvernoLugo

Requisitos

  • Ter cumplidos os 18 anos no inicio do curso
  • Ter rematado a Ensinanza Secundaria Obrigatoria

Datas da parte teórica:

  • 9, 10, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2017
  • 20, 21, 27, 28 de xaneiro de 2018
  • 3 e 4 de febreiro de 2018

Horarios:

  • De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

Lugar:

  • Centro Xuvenil Ateibo, Plaza Da Milagrosa, 10 27003 Lugo.

Matrícula:

Para realizar a inscrición do curso xa está dispoñible o formulario de inscrición.

Tamén é posible realizar a inscrición nas instalacións Centro Xuvenil Ateibo, Plaza Da Milagrosa, 10 27003 Lugo.

Para garantir a reserva da praza é preciso realizar coma mínimo o ingreso de 75€. Esta cantidade se reembolsará no caso da non realización do curso.

Para realizar o pagamento existen dúas posibilidades:

1- Ingresando no número de conta do Banco Popular ES64 0075 8963 8406 0010 5619 indicando no concepto o nome do participante.

2- Achegándose ao Centro Xuvenil Ateibo, Plaza Da Milagrosa, 10 27003 Lugo

Total prazas:

  • 25 alumnos

Prezo:

  • 250€ .Tasas de expedición de título non incluídas.

O curso consta de 200 horas teóricas. Será necesario superar 150 horas de práctica unha vez realizada a parte teórica para poder obter a titulación.

Títulación homologada pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.

*O curso pode incluír: 12 horas de curso de manipulación de alimentos (formación on-line)