Campamentos de verán IEF 2021

Por Ateibo
En Ateibo
May 17th, 2021
O Comentarios
120 Views
2021. Un verán de tres «S»: San, Seguro y Sensible

Para nós os  campamentos son a continuación do traballo realizado durante o curso, coas actividades semanais e algunha actividade extraordinaria de todo o día. Por iso, soamente é un campamento para rapaces e rapazas que participan en grupos do IEF.

O campamento de verán é unha experiencia educativa dentro dos grupos do IEF pois educa na convivencia, no compromiso, no xogo, na festa, en responsabilidade, autonomía….

Este ano o número de prazas é menor debido ás restriccións COVID, por iso se fai máis necesaria a PREINSCRICIÓN. RESERVADE A VOSA PRAZA XA!

Os lugares, prezos e datas de campamentos son os seguintes:

❒ Saltimbanquis –Cambados/70€ (25-27 xuño)    

❒ Andaina -Foz/220€ (4 –11 xullo)

❒ ADS -Cambados/220€ (4 –11 xullo)          

❒ Iniciación I- Cambados /220€ (11 –18 xullo)      

❒ Iniciación II-Cambados /220€ (18 –25 xullo) 

❒ Catecumenado 1 e 2 -Allariz/220€ (18-25 xullo) 

❒ Catecumenado 3 e Postcate -A Coruña (prezo sen determinar) (26 –28 xullo) 

Explicamos o proceso para a participación:

PREINSCRICIÓN

  • O período de preinscrición será ata o  31 de Maio de 2021.
  • Tódolos/as participantes que se preinscriban neste periodo teñen praza asegurada.
  • A cota de preinscripción será de 50 €, salvo para Saltimbanquis e 3º- PostCatecumenado que será de 15€.
  • A cota de preinscripción se pode pagar en efectivo ou ingresar na conta do Centro Xuvenil:
Nº conta: ES64 0075 8963 84 0600105619 (BANCO SANTANDER)    Concepto: Nome Campamento + Nome do participante

INSCRICIÓN

  • O periodo de inscrición  será dende o 1 ao20 de Xuño.
  • Neste período será necesario realizar o pago do resto da cota do campamento correspondente (descontando o xa pagado na preinscrición).

 Ninguén debe deixar de participar por motivos económicos.

Os que teñan irmáns no Centro Xuvenil e vaian a outro campamento (Saltimbanquis, Andaina, ADS, Iniciación e Catecumenado) terán un desconto do 10 % no campamento máis barato.

Este ano seguiremos os protocolos necesarios para a situación sanitaria provocada pola COVID-19 que se nos indiquen dende a Xunta de Galicia. Tamén por iso as prazas están máis limitadas e introducimos algunhas novidades:

  • A maioría de campamentos son de 1 semana de duración (de domingo a domingo).
  • Aínda que non está publicada a normativa, xa se está traballando con varias premisas (albergues ao 50%, grupos burbulla en lugares onde quitamos a mascarilla coma o comedor e habitacións,…)
  • Dende o Centro Xuvenil realizaremos test de antíxenos nas 24h anteriores á saída cara o campamento, tanto a nenos/as como a animadores/as. En caso de ser positivo, realizaráse unha proba PCR que confirme ese positivo. Se a PCR confirma o positivo, a persoa inscrita non poderá asistir ao campamento, e devolveránselle os cartos aportados á inscrición.
  • VIAXES: Saltimbanquis e Andaina se desprazan ata o campamento en autobuses. o resto de campamentos se desprazan en coches particulares.

Para calqueira dúbida contactade connosco:

e-mail: cxateibo@gmail.com

Tfno.: 633 674 528