ANIMADORAS E ANIMADORES CONTRA O ABURRIMENTO

 

A partires de agora sumamos forzas! Faremos unha proposta conxunta dos cinco Centros Xuvenís de Galicia.
Os animadores e animadoras da Federación de centros Xuvenís don Bosco de Galicia (Amencer, Ateibo, Abeiro, Abertal e Don Bosco) queremos seguir aportando o noso traballo voluntario adaptándonos á situación actual, en contra do aburrimento. Non queremos que se perda o ambiente familiar do centro xuvenil, desta vez cada quen na súa casa (que mellor lugar!).
Para elo ofreceremos diariamente alternativas variadas contra o aburrimento; hai previstas actividades culturais, obradoiros, debuxos, xogos de mesa, xincanas domésticas, receitas, experimentos, música e moitos outros recursos.
Seguimos á vosa disposición no correo fed.galicia@confedonbosco.org e se vos animades a mandar (a este mesmo e-mail) imaxes do proceso ou resultado das actividades, contando a vosa experiencia, colgarémolas nas redes e na páxina web da Federación www.fedboscogal.org de xeito que amigos e amigas de todos os centros xuvenís salesianos de Galicia sigan en contacto.