• ads

Por admin
En Ateibo
Dic 4th, 2018
O Comentarios
209 Views

“I concurso de marcapáxinas en galego de Ateibo”

O prazo de entrega remata o 15 de decembro de 2018 e as bases son as seguintes:

1. Poderán participar todas as persoas da provincia de Lugo que o desexen.
2. Establécense tres categorías (e cada participante será inscrito nunha delas segundo a súa idade o 15 de decembro de 2018):
a) nenos e nenas ata 13 anos;
b) mozos e mozas entre 14 e 30 anos;
c) maiores de 30 anos.
3. Os marcapáxinas deberán ser feitos en galego, en cartolina dun tamaño máximo de 21x 5 cm, serán orixinais e inéditos.
4. A temática é “o meu libro en galego favorito”.
5. Os marcapáxinas presentaranse sen identificación. Acompañando a obra e nun sobre pechado, enviaranse os datos completos do autor ou autora (nome, apelidos, idade, enderezo, teléfono e unha fotocopia do DNI). No exterior do sobre deberá estar escrito o título do libro ao que se refire o marcapáxinas e a data de nacemento do autor ou autora.
6. Cada autor ou autora poderá presentar o número de marcapáxinas que desexe.
7. Todos os marcapáxinas deben ser entregados na sede a Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo (na praza da Milagrosa, nº 10; CP: 27003, Lugo; tfno.: 633 674 528), en man ou por correo (mellor certificado) antes do 15 de decembro de 2018, facendo constar no exterior do sobre ‘I Concurso de marcapáxinas de Ateibo’. O 21 de decembro de 2018 daranse a coñecer os gañadores e gañadoras.
8. Os marcapáxinas enviados ao concurso pasarán a ser propiedade da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo, renunciando os seus autores e autoras aos seus dereitos como tales.
9. Despois da elección dos marcapáxinas gañadores, serán expostos nas instalacións da Asociación.
10. Os premios (consistentes en vales que se poderán cambiar por libros e material escolar nos establecementos que se indicarán aos premiados e máis o folleto impreso dos contos presentados ao concurso de ContaAteibo I) quedan establecidos por categorías do seguinte xeito:
a) 50 €; b) 70 €; c) 80 €.
11. Os premios serán únicos e indivisíbeis. A xuízo do xurado e segundo a calidade das obras, poderase declarar deserto algún premio.
12. O xurado estará composto polos membros da Xunta Directiva da Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo e 3 persoas máis designadas pola mesma. A decisión do xurado será inapelábel.
13. A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases.